luns, 2 de marzo de 2020

Novas publicadas sobre Saneamento, Depuración e Emafesa

Novas de actualidade na Web oficial do Concello de Ferrol

2013

O Concello de Ferrol completa o último trámite para o inicio das obras para a finalización da rede de saneamento da Ría. | 15/04/2013 - A empresa FCC Construcción levará a cabo esta actuación, que forma parte do convenio que o día 14 de xullo de 2012 o alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, asinou con responsables de AcuaNorte e da Xunta de Galicia.

O alcalde de Ferrol anuncia a rehabilitación da fonte da Orde Terceira na Graña e presenta aos veciños a proposta de saneamento para a zona de Valón, A Graña e A Cabana. | 21/06/2013 - O Goberno Municipal investirá ao redor de 24.000 euros en rehabilitar a antiga fonte da Graña e o seu entorno.

-------

2014

Jose Manuel Rey Varela destaca que este será o ano do inicio da rexeneración da ría de Ferrol. | 20/03/2014 - O alcalde inaugura unha mostra sobre as obras de saneamento e visita as actuacións en marcha xunto co conselleiro de Medio, Territorio e Infraestruturas; a directora xeral de Acuaes e o delegado do Goberno en Galicia.

O alcalde de Ferrol adianta á Asociación de Veciños da Graña a proposta para o saneamento integral deste barrio. | 23/01/2015 - A proposta de execución contempla un investimento superior a 1,3 millóns de euros e un prazo de execución de seis meses.

O Concello de Ferrol avoga por unha xestión municipal do sistema de depuración e por abordar o saneamento da zona rural.  | 26/05/2014 - Os grupos municipais debateron en comisión informativa a aprobación dun protocolo entre o Concello de Ferrol e Emafesa para a explotación, mantemento e conservación do sistema de saneamento e depuración.

O Concello de Ferrol prevé que A Magdalena, Ferrol Vello e gran parte de Canido teñan conexión coa rede de saneamento en agosto. | 27/05/2014 - O executivo local avoga por unha xestión municipal a través de Emafesa do sistema de saneamento e depuración da ría de Ferrol porque aforra custes ao dispoñer a devandita empresa mixta tanto do persoal cualificado como dos medios técnicos e materiais necesarios.

O alcalde de Ferrol asegurou que a entrada en servizo do saneamento e o inicio da recuperación ambiental da ría "é un proceso sen retorno polo que a cidade leva agardando máis de 20 anos". | 29/05/2014 - A inminente posta en marcha do saneamento reducira en máis dun 96% os vertidos de augas residuais que na actualidade chegan directamente á ría ferrolá sen tratamento algún.

O Concello de Ferrol informa da entrada en funcionamento da estación de bombeo e depuración da ría de Ferrol. | 25/08/2014 - O novo sistema de depuración de augas da cidade irá incorporando paulatinamente o resto de barrios do municipio.

-------

2015

Os veciños/as das parroquias da zona rural de Ferrol poderán descargar os residuos das fosas sépticas na Estación Depuradora do Cabo Prioriño. | 30/01/2015 - Jose Manuel Rey Varela sinalou que camións cisterna se ocuparán do traslado das augas residuais a planta de depuración e tratamento de Cabo Prioriño.

O alcalde de Ferrol informa sobre as novas actuacións de renovación de viarios e da conexión ao saneamento dos veciños de Mandiá e Marmancón. | 06/02/2015 - A Administración municipal destina 90.000 euros á mellora da pavimentación e substitución de augas pluviais en Mandiá; e ao aglomerado completo do vial Papoi-Marmancón.

A Concellería de Servizos solicitará informes xurídicos para abordar a derogación da taxa de saneamento con "rigor". | 13/07/2015 - O edil Bruno Díaz sinala que se solicitarán informes xurídicos co fin de que se dea resposta “con rigor xurídico” ao acordo programático de derogar a taxa de saneamento.

A Mancomunidade abordará a viabilidade do saneamento mancomún nun pleno monográfico. | 13/07/2015 - ... todos os rexedores acordaron celebrar un pleno extraordinario nunha data aínda por concretar nos próximos días na que abordar, de forma monotemática, a viabilidade dun sanemiento mancomunado para os municipios da ría ferrolana.

O alcalde de Ferrol pedirá responsabilidades a Emafesa e a Xunta por non ter informado antes do resultado das analíticas. | 17/07/2015 - O Goberno local agarda que a situación de expecionalidade quede solventada a moi curto prazo.

O Concello de Ferrol encargará a Emafesa unha analítica integral das augas da traída. | 22/07/2015 - Establecerase un protocolo de actuación para solventar “eivas pasadas” e se lle trasladarán a Emafesa instrucións para que “reduzan os prazos e os tempos das análises ao máximo posible”.

O Goberno local esíxelle a Emafesa un informe exhaustivo co relatorio completo e cronolóxico do acontecido na crise da auga para dar conta á Fiscalía e aos cidadáns. | 23/07/2015 - O alcalde, Jorge Suárez, considera que Xunta parece empeñada en “enturbar o debate” malia non ter comparecido mais que para “facer análises con cinco botes diarios".

O Goberno local urxe a Emafesa a rematar en sete días o informe exhaustivo e histórico da xestión da auga. | 28/07/2015 - A aprobación das contas do ente quedou adiada a setembro para que poidan ser abordadas pola corporación no pleno.

Ferrol e Narón agardan que Augas de Galicia lles remita un plan que permita avanzar cara un saneamento mancomunado. | 29/07/2015 - A Xunta comprometeuse a remitir un borrador de convenio a finais de setembro que se discutirá no pleno da Mancomunidade.

A analítica completa da auga realizada por Emafesa confirma que está en perfecto estado para o seu consumo. | 29/07/2015 - O concelleiro de Deportes, Turismo e Servizos, Bruno Díaz, explicou que “todos os valores se atopan nas marxes permitidas” e confirman que o estado da auga é o correcto.

O Concello de Ferrol adhírese ao Pacto Social pola Agua para avanzar na remunicipalización de servizos públicos. | 30/07/2015 - Emafesa detraerá do recibo da auga os días que os veciños se viron privados de auga para o consumo e uso alimentario.

O alcalde recibe ao xerente de AEOPAS para avanzar na intención do Goberno local de remunicipalizar os servizos públicos. | 13/08/2015 - Foi una xuntanza no despacho entre Jorge Suárez e Luis Babiano a que acudiron representantes da Plataforma contra a taxa do saneamento.

O Goberno local de Ferrol rexeita as contas anuais de Emafesa correspondentes ao exercicio 2014. | 27/08/2015 - No pleno foi aprobada unha modificación inicial do Regulamento Orgánico para eliminar o límite do número de mocións por pleno e os tempos de intervencións impostas pola anterior corporación.

O Goberno local de Ferrol destapa unha fraude a veciñanza na EDAR de Prioriño, onde non se depurou integramente nin un metro de agua desde 2014. | 28/08/2015 - Foi nunha visita sorpresa a EDAR, que levantou Dragados e xestiona Urbaser a través dunha encomenda a Emafesa que se aprobou no pleno en maio do 2014. O alcalde, Jorge Suárez, cualificou estes feitos de “extrema gravidade” e poraos en coñecemento do xulgado para que se diriman todas as responsabilidades administrativas e xudiciais que correspondan. O Executivo local exixiralle a Urbaser a devolución da taxa, anulación do seguinte cobro e as indemnizacións que se deriven por esta grave irresponsabilidade e un engano a cidadanía.

O Goberno de Ferrol chegará ata o final na exixencia de responsabilidades a Urbaser polo engano na EDAR. | 31/08/2015 - O primeiro Consello de Administración de Emafesa será o mércores 2 de setembro

O Goberno local acusa a Emafesa de deslealdade na xestión. | 02/09/2015 - O alcalde, Jorge Suárez, reitera que o Goberno esixirá destitucións tralo próximo Consello de Administración do martes 8. Pola súa banda, a tenente de alcalde, Beatriz Sestayo, reitera que se adoptarán todas as accións legais e xudiciais oportunas para chegar ata o final.

O Goberno local rachará coa encomenda a Emafesa para a xestión da EDAR. | 07/09/2015 - Fora aprobada nun pleno celebrado en maio do 2014 pola anterior corporación e tiña aparellada a una taxa de saneamento a veciñanza por unha depuración tecnicamente inviable que resultou fraudulenta. O alcalde, Jorge Suárez, anuncia que impugnará o convenio con Augas de Galicia e pedirá o cese da actual xerencia de Emafesa, onde o socio privado é Socamex-Urbaser

O Goberno local encarga unha auditoría externa a Emafesa para elevar a denuncia ante a Fiscalía. | 08/09/2015 - O socio privado ocultou unha visita de Augas de Galicia a EDAR o 1 de setembro, na véspera do anterior Consello de Administración. Socamex-Urbaser oponse a cesar ao xerente pese as gravidade das irregularidades das que adoece a xestión do servizo municipal da auga. Pola súa banda, o Goberno levará a pleno a derogación da taxa de saneamento o vindeiro 17 de setembro.

O Goberno local derrogará a taxa de saneamento como cobro indebido tras destapar a fraude na EDAR. | 14/09/2015 - A medida foi aprobada este luns na Comisión Extraordinaria de Facenda e irá a pleno extraordinario o venres 18 ás 10:00 horas. Na mesma sesión debaterase o Plan Especial de Ferrol Vello, para a súa aprobación provisional, e a modificación de créditos para reforzar Urbanismo, Obras e Benestar Social.

O Concello de Ferrol suspende a ordenanza que amparaba unha taxa de saneamento por unha depuración inexistente. | 18/09/2015 - A medida foi aprobada en pleno extraordinario polo Goberno local co respaldo de BNG e CS e a oposición do grupo do PP.

O Goberno local convida a AEOPAS a inspeccionar a Edar e conclúen que nunca funcionou para depurar as augas negras. | 22/09/2015 - O alcalde califica de 'indignante' o acontecido na EDAR na tarde do luns cando o socio privado de Emafesa requiriulle ao Goberno a documentación no acceso.

O Goberno local contratará a auditoría externa a Emafesa para dar conta á Fiscalía do fraude da Edar coa maior brevidade. | 28/09/2015 - O rexedor, Jorge Suárez, e o edil de Servizos, Bruno Díaz, se reúnen este venres 2 co director de Augas de Galicia en Santiago.

O Concello, Augas de Galicia e a Confederación Hidrográfica acordan que de existir deficiencias estruturais na EDAR terán que ser obxecto dunha auditoría que determine a quen lle compete subsanalas. | 02/10/2015 - Na reunión con Augas de Galicia quedou constatado que tanto este ente como o Concello recibiron a obra no 2014 sen facer ningún tipo de supervisión do estado no que estaba a obra.
O Goberno local desestima o recurso de Socamex-Urbaser contra a suspensión da taxa de saneamento. | 23/11/2015 - O socio privado de Emafesa presentou un recurso de reposición no Rexistro para tratar de deixar sen efecto o acordo plenario que suspendeu o cobro dun imposto por una depuración das augas residuais que non se facía na EDAR de Prioriño.

A auga é apta para o consumo e os cambios na cor e olor dos últimos días son debidos a procesos normais de potabilización. | 04/12/2015 - As analíticas esixidas pola Concellería de Servizos de xeito periódico a Emafesa, como quedou establecido tras a crise da auga, confirman que os parámetros están por debaixo dos límites máximos permitidos.

-------

2016

O Concello solicitará unha reunión a Augas de Galicia para abordar a situación da Edar. | 18/02/2016 - Así o explicou o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, na rolda de prensa conxunta coa tenente de Alcalde, Beatriz Sestayo, ao termo da celebración da Xunta de Goberno local.

O Goberno de Ferrol estudará cos servizos xurídicos se Urbaser adicou á depuración todo o que se lle cobraba na taxa aos veciños. | 03/03/2016 - O alcalde, Joge Suárez, expresou o seu malestar por unha demanda do socio privado de Emafesa nos xulgados na que buscan repoñer a taxa de saneamento que fora suspendida por acordo do pleno en setembro.

O edil de Servizos remarca que a demanda de Urbaser por suprimir a taxa de saneamento no acobardará ao Concello á hora de esixir responsabilidades pola fraude da EDAR. | 04/03/2016 - O concelleiro de Servizos, Bruno Díaz, sinalou que as consecuencias desta xestión herdada non se fará recaer nos veciños de Ferrol e que se continuará esixindo responsabilidades a Augas de Galicia, Emafesa ou ao anterior goberno local.

Servizos informa que a contía incluída como débeda nalgúns recibos de Emafesa é un erro da empresa e no se vai cobrar en ningún caso. | 15/03/2016 - O concelleiro de Servizos, Bruno Díaz, explicou que se trata dun concepto que a empresa incluíu de xeito erróneo, remarcando que “a taxa está suspendida”.

O Concello analizará as augas das praias de Caranza e A Graña que antes realizaba a Xunta e confía na mellora da calidade da auga en breve coa próxima entrada en funcionamento do saneamento . | 30/03/2016 - O concelleiro de Servizos, Bruno Díaz, confía en que a próxima entrada en funcionamento do saneamento permita revertir a situación de contaminación das augas nun breve prazo.

O CONCELLEIRO DE SERVIZOS DENUNCIA QUE A XESTIÓN DO GOBERNO ANTERIOR VAI PROVOCAR AO CONCELLO DE FERROL PAGAR PRETO DE 2'8 MILLÓNS DE EUROS DO SANEAMENTO. | 06/04/2016 - O concelleiro de Servizos, Bruno Díaz, lamentou esta mañá que as previsións “irreais” do pasado goberno local e a súa nefasta xestión vaian supoñer ao Concello de Ferrol ter que facer fronte a 2'8 millóns de euros polas obras do saneamento.

O ALCALDE ACADA O COMPROMISO DO MINISTERIO DE FOMENTO DE REVISAR A CONEXIÓN FERROL-CORUÑA PARA ACORTAR OS TEMPOS E ADECUAR OS HORARIOS AS DEMANDAS. | 21/04/2016 - O rexedor mantiña unha xuntanza en Madrid coa ministra Pastor, que se comprometeu a licitar en xuño a remodelación das Pías e asume o 50% do custo dunha ponte para rematar co illamento do barrio de Santa Mariña. Jorge Suárez trasladoulle a ministra en funcións o seu malestar pola adxudicación do trazado sur ao porto exterior sen atender a forte oposición dos veciños, colectivos ambientalistas e partidos políticos (agás PP). Augas de Galicia entregou hoxe aos alcaldes de Narón e Ferrol o estudo técnico comprometido hai meses para abordar a xestión mancomunada do saneamento.
OS ALCALDES DE FERROL E NARÓN VIXIAN O CUMPRIMENTO DOS COMPROMISOS DE ACUAES PARA O SANEAMENTO DA RÍA O municipio naronés acolleu este mércores dúas reunións da Comisión de seguimento das obras dos interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol. | 27/04/2016 - As dependencias do Concello de Narón acolleron este mércores dúas novas xuntanzas dos integrantes da Comisión de Seguimento, co obxecto de garantir o cumprimento do convenio para a execución dos interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol.

O ALCALDE DE FERROL URXE A XUNTA A ACOMETER UN PLAN DE LIMPEZA DOS LODOS E METAIS PESADOS E ESTUDAR A AMPLIACIÓN DOS PERMEX . | 30/05/2016 - Foi a primeira xuntanza do rexedor coa conselleira do Mar para abodar a problemática da ría de Ferrol, que precisa dun saneamento integral.

A XUSTIZA DÁLLE A RAZÓN AO CONCELLO NO LITIXIO CONTRA URBASER POLA SUSPENSIÓN DA TAXA DE SANEAMENTO. | 22/06/2016 - O pleno suspendeu en setembro o cobro dunha taxa que se lles facturaba aos veciños pero que non se destinaba a sanear a ría porque a instalación segue incompleta O auto ditamina que debe prevalecer “o interese dos cidadáns en non aboar unha taxa por un servizo que está a ser cuestionado” e desbota os prexuízos económicos que aduce o grupo ACS.

O CONCELLO ACORDA CO SOCIO PRIVADO DE EMAFESA QUE NON SE IMPOÑERÁ NINGUNHA TAXA ATA QUE O SANEAMENTO SEXA EFECTIVO E REAL. | 12/07/2016 - Os representantes do Goberno local participaron no Consello de Administración de Emafesa no que se acordou que no momento en que haxa unha depuración real de todas as augas da cidade se elaborará unha taxa completamente nova, axustada exclusivamente aos custos reais

O GOBERNO LOCAL AVANZA NAS XESTIÓNS PARA UN SANEAMENTO INTEGRAL E REAL DA RÍA DE FERROL. | 15/09/2016 - No Consello de Administración de Emafesa celebrado esta mañá avanzouse na busca de vías de solucións ante a situación xerada pola fraude do goberno anterior do PP, que impuxo unha taxa por saneamento cando a EDAR nin funcionaba nin estaba en condicións de funcionar

O CONCELLEIRO DE SERVIZOS DESTACA A EXCELENTE RELACIÓN CON NARÓN E A COLABORACIÓN PARA O SANEAMENTO FRONTE AOS ENFRONTAMENTOS DO PASADO GOBERNO DE FERROL. | 15/09/2016 - Germán Costoya resaltou que as decisións que se adopten faranse en colaboración co Concello de Narón co que existe unha “excelente relación” a diferenza do enfrontamento do pasado goberno que derivou en denuncias por parte de Narón

-------

2017

O SANEAMENTO INTEGRAL DA RÍA INICIARASE O 1 DE ABRIL. | 13/01/2017 - ACORDO ENTRE AUGAS DE GALICIA E OS CONCELLOS DE NARÓN E FERROL PARA COMEZAR A DEPURACIÓN REAL NO PRAZO DE TRES MESES O acordo acadouse hoxe tras dunha xuntanza en Compostela co ente autonómico a que asistían os dous rexedores con mesmo obxectivo A ría de Ferrol, rica en recursos e fonte de traballo, leva demasiados anos agardando pola depuración das augas negras logo do engano destapado en agosto do 2015.

O GOBERNO DE FERROL FIXA COMO PRORIDADE ACTIVAR O SANEAMENTO INTEGRAL DA RÍA ESTA PRIMAVEIRA. | 16/01/2017 - A futura taxa do saneamento, conforme a normativa europea, gravará exclusivamente os custos derivados da depuración do caudal completo Estímase en 6 euros ao mes para unha familia cun consumo medio de auga de 8 a 10 metros cúbicos e será idéntica para os veciños de Narón e Ferrol “A prioridade para as Administracións pasa por activar o saneamento da ría e, xa logo, depuraremos responsabilidades legais e axustaremos contas”, manifestou Suárez O rexedor avanzou que traballan para incluir no proxecto o río Sardiña para erradicar ese punto de verquido na ensenada da Malata.

O GOBERNO LOCAL DEVOLVERÁ O IMPORTE COBRADO INDEBIDAMENTE POR EMAFESA POLO SANEAMENTO QUE NON FIXO. | 08/02/2017 - O alcalde, Jorge Suárez, estima que o importe cobrado aos veciños de xeito indebido ascende a 800.000 euros O Concello aposta por reintegrar o importe ou descontalo na seguinte factura A comisión extraordinaria de Facenda abordou hoxe a derogación da taxa de saneamento e aprobación dunha nova, axustada aos custos reais e idéntica a que abonarán os veciños de Narón pola depuración da marxe norte da ría.

DEROGADA DA TAXA DO SANEAMENTO QUE FOI COBRADA INDEBIDAMENTE POR UNHA DEPURACIÓN INESXISTENTE. | 13/02/2017 - O alcalde, Jorge Suárez, advirte que a actitude irresponsable da oposición, que rexeitou en pleno aprobar unha nova, pon en risco o saneamento da ría que debía activarse o 1 de abril.

O XEODESTINO FERROLTERRA CONTARÁ CUN INFORMADOR TURÍSTICO NO VERÁN 2017 PARA POTENCIAR OS 21 CONCELLOS DA CONTORNA. | 3/02/2017 - Solicitarase unha subvención da Axencia de Turismo de Galicia con este obxecto, ademais de mellorar a sinalización para os visitantes Doutra banda, deuse conta da adxudicación a Emalcsa dunha asistencia técnica para a posta en marcha do saneamento mancomunado Representantes de AGA expuxeron un plan de acción e sensibilización para loitar contra a velutina na primavera.

O ALCALDE DE FERROL, JORGE SUÁREZ, APELA A RESPONSABILIDADE DOS GRUPOS POLÍTICOS PARA NON SITUAR A CIDADE NUN PERMANENTE BLOQUEO. | 14/02/2017 - SUÁREZ DEFENDE A NECESIDADE DE APROBAR UNHA TAXA PARA ACTIVAR O SANEAMENTO DA RÍA O 1 DE ABRIL, NA DATA COMPROMETIDA CON AUGAS DE GALICIA A TAXA DA DEPURACIÓN TERÍA O MESMO CUSTO PARA OS VECIÑOS DE FERROL E NARON, SOBRE 6 EUROS AO MES.

O GOBERNO DE FERROL CONVOCA AOS GRUPOS ESTE XOVES A RETOMAR O DIÁLOGO COA VONTADE DE CHEGAR A UN ACORDO PARA APROBAR A TAXA DO SANEAMENTO E OS ORZAMENTOS DO 2017. | 06/03/2017 - O alcalde confía en que saiban antepoñer os intereses públicos aos partidistas para sacar a cidade da situación de bloqueo e activar un saneamento do que depende o sustento de 500 familias de mariscadores.

O GOBERNO LEVARÁ A NECESARIA APROBACIÓN DA TAXA DE SANEAMENTO A UN NOVO PLENO EXTRAORDINARIO O MARTES 21. | 15/03/2017 - A prioridade pasa por activar o saneamento para purgar as augas da ría e o segundo paso inmediato será iniciar o proceso para depurar as responsabilidades polo fraude da depuración O pleno extraordinario será o martes 21 ás 19:00 horas, anunciou Suárez, que apelou a decencia e responsabilidade do resto dos grupos para priorizar o futuro dunha ría limpa por riba das manobras políticas.

XUNTA DE VOCEIROS POLA ACTIVACIÓN DO SANEAMENTO NA RÍA. | 23/03/2017 - Esta mañá tivo lugar na Alcaldía a Xunta de Voceiros celebrada hoxe na Alcaldía as 12:30 para chegar a un acordo que permita activar o saneamento da ría, cumplindo co acordado o martes 21 tras da suspensión do pleno.

O SANEAMENTO DA RÍA DE FERROL ACTÍVARASE ESTA SEMANA. | 03/04/2017 - O Goberno de Ferrol leva mañá a pleno extraordinario (12:30 horas) o convenio con Augas de Galicia para a posta en marcha da depuración É unha solución transitoria para cumprir coa urxenca e prioridade de activar a depuración logo de moitos anos de agarda coa confianza de aprobar a imprescindible taxa para garantir a viabilidad do servizo Os alcaldes de Narón e Ferrol expuxeron dos detalles dun convenio que é o reflexo da vontade de entedemente entre os dous concellos.

APROBADO O CONVENIO QUE PERMITE ACTIVAR O SANEAMENTO DA RÍA DE FERROL. | 04/04/2017 - Este mediodía foi aprobado en pleno extraordinario (12:30) o convenio que permite activar, no inmediato, o saneamento da ría de Ferrol cunha fórmula transitoria a espera da aprobación definitiva da taxa.

OS CONCELLOS DE FERROL E NARÓN COOPERAN NA REDACCIÓN DO ACORDO POLO SANEAMENTO DA RÍA. | 30/08/2017 - A vindeira xuntanza terá lugar a primeiros de setembro no Pazo Municipal de Ferrol As analíticas confirman a mellora da calidade das augas desde a posta en marcha real e efectiva da EDAR de Cabo Prioriño, augas mais limpas e claras e mellora das perspectivas do sector marisqueiro.

O GOBERNO LEVARÁ A PLENO REACTIVAR A ANTIGA TAXA PARA GARANTIR O SANEAMENTO DA RÍA DE FERROL. | 03/10/2017 - A depuración real das augas negras da ría de Ferrol iniciouse o pasado 3 de abril e ten un custo estimado en 2,5 millóns por ano Os informes da Secretaría e da Intervención Municipal urxen a imposición dun tributo que garanta a viabilidade do saneamento O Goberno tentou, ate en catro ocasións, aprobar unha nova taxa axustada ao milímetro que resultaba a mais económica de toda ría.

O PLENO APROBA REACTIVAR A TAXA QUE GARANTE O SANEAMENTO DA RÍA E OS POSTOS DE TRABALLO VINCULADOS. | 15/11/2017 - “Hoxe salvamos unha situación que era límite para o saneamento da ría e para 70 familias de traballadores da empresa”, manifestou o rexedor A data de inicio de devengo será o día de hoxe a a fórmula de pago a menos gravosa para os veciños e veciñas do municipio.

FERROL E NARÓN URXEN A AUGAS DE GALICIA A UNHA XUNTANZA INMEDIATA PARA PROCURAR UNHA SOLUCIÓN POLÍTICA AO SANEAMENTO. | 07/12/2017 - Os alcaldes remitiron unha carta conxunta ao director do ente autonómico na busca dunha solución que evite abrir un conflito

-------

2018


O GOBERNO LOCAL ACHEGA AOS GRUPOS O BORRADOR DO CONVENIO CON AUGAS DE GALICIA E O CONCELLO DE NARÓN. | 30/01/2018 - O documento fixa por escrito a regularización dos gastos de explotación do sistema de saneamento e depuración da marxe norte da ría de Ferrol Os Concellos de Narón e Ferrol concordan no reparto 70%-30% para financiar o saneamento da ría, activo desde abril do 2017.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA A VISITA AO TANQUE DE TORMENTAS DA GÁNDARA. | 19/03/2018 - Co gallo do Día Mundial da Auga, Acuaes e o Concello de Ferrol convidamos a veciñanza a visitar a instalación para achegarse de preto ao funcionamento do sistema de depuración da ría de Ferrol O sanemamento da ría de Ferrol comezou a funcionar de xeito efectivo e real en abril do 2017 e os seus efectos sobre a calidade da auga son palmarios e teñen o seu reflexo nas analíticas.

O GOBERNO LOCAL MODIFICARÁ A BAIXA A TAXA POLA DEPURACIÓN DAS AUGAS DA RÍA. | 24/04/2018 - “O tempo danos a razón porque é posible ter unha taxa mais xusta e axustada ao custo real do saneamento”, manifestou o rexedor O alcalde deu conta a oposición do informe da consultora Eudita na Comisión ordinaria de Economía e Facenda deste martes 24.

O CONCELLO RECORRERÁ ANTE O TSXG A SENTENZA QUE ESTIMA PARCIALMENTE O RECURSO DE SOCAMEX CONTRA A SUSPENSIÓN DA TAXA. | 28/05/2018 - Presentarase un recurso de apelación na defensa dos intereses da veciñanza fronte a un cobro que non se tiña que producir por una depuración que non foi real A depuración da ría activouse en abril de 2017 e o Goberno axustará a taxa aos custos reais do proceso desde a súa posta en marcha real i efectiva.

O CONCELLO RECORRERÁ NO TSXG A SENTENZA QUE ESTIMOU PARCIALMENTE O RECURSO DA PARTE PRIVADA DE EMAFESA PARA COBRAR A TAXA DESDE 2014. | 30/05/2018 - “Non concordamos co sentido da sentenza e presentaremos un recurso na defensa do interese público para evitar que se lles repercutan a veciñanza gastos indebidos”, recalcou Suárez A sentenza do xulgado contencioso de Ferrol non é firme e o Concello recorrerá o fallo nunha instancia superior.

O CONCELLO APROBA A CESIÓN DO EDIFICIO COMPLETO AO ATENEO E DUN ESPAZO EN PORTANOVA PARA O MUSEO DO FERROCARRIL. | 18/06/2018 - O pleno extraordinario tamén aprobou a presentación dun recurso de apelación ante o TSXG contra a sentenza contraria a suspensión da taxa de saneamento do 2014.

O ALCALDE APELA A RESPONSABILIDADE DOS GRUPOS PARA ABONAR A URBASER AS FACTURAS QUE A OPOSICITÓN REXEITOU PAGARLLES EN PLENO POLA RECOLLIDA DO LIXO . | 21/06/2018 - O alcalde, Jorge Suárez, mantiña hoxe unha xuntanza cos voceiros municipais e, a continuación, reuníase co Comité de Empresa de Urbaser O rexedor agarda que a situación poida reconducirse no pleno do xoves 28 de xuño e que a oposición mude a súa postura, que leva meses impedindo o pago das facturas. Suárez avanzou que o Goberno iniciará en breve a tramitación dunha nova ordenanza mais xusta e axustada aos custos reais da depuración da ría.
O PLENO APROBA AS BASES PARA A CESIÓN DOS LOCAIS DO ANTIGO CENTRO COMERCIAL DE PORTANOVA E AS CONTAS DE EMAFESA DOS ANOS 2014 E 2015. | 26/07/2018 - Así mesmo aprobou a Addenda ao Convenio de colaboración entre Augas de Galicia e o Concello para as obras de saneamento na Malata

-------

2019

O alcalde visita coa conselleira de Infraestruturas o estado das obras do saneamento do área da Malata. | 03/09/2019 - Ethel Vázquez comprometeuse a que a actuación integral da ría estará rematada a mediados do próximo ano.

O TSXG sentencia que se debe cobrar a taxa de saneamento. | 18/11/2019 - O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso contra o fallo emitido polo Xulgado do Contencioso n.º 1 o 25 de maio do 2018, que anulaba a suspensión da ordenanza.

O Concello propón desestimar as alegacións presentadas por Narón respecto ao cobro polo saneamento. | 19/11/2019 - María Teresa Deus informou hoxe na Comisión de Economía, Facenda, Emprego e Recursos Humanos da débeda que acumula o Concello naronés ata xuño deste ano, que ascende a máis de 1,8 millóns de euros.

O pleno desestima as alegacións de Narón en materia de saneamento e aproba as novas liquidacións. | 28/11/2019 - A corporación municipal ao completo da o visto bo á designación de Eduardo Fra Molinero como representante do Concello de Ferrol na Fundación Galicia Obra Social.

O pleno aproba a proposta de participación do Concello no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal POS 2020. | 17/12/2019 - A corporación acepta as condicións do Ministerio para a Transición Ecolóxica polas que podería outorgarse a concesión de ocupación de terreos para o saneamento da Malata.

-------

2020

O Concello de Narón aboa 705.989,09 euros polos gastos de depuración de abril do 2017 a maio do 2018. | 03/01/2020 - A diferenza co importe que lle reclama o de Ferrol por ese período (845.715 euros) ascende a 139.725,91

*******